sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Aragon

17 xuño 2008

galizacig_gz_200.gifPodes descargar a sentenza donde di que unha empresa non pode mandar parar en paradas que non están legalizadas

sentencia-tsx-aragon-paradas-ilegais.PDF

QUEREMOS QUE PARTICIPEDES

6 xuño 2008

bandeira-patria.jpg

Este blog admite a posibilidade de que se insiran comentarios, sempre con respeto, para facer a paxina mais dinamica e tamén para coñecer as vosas inquedanzas.

O TRANVIARIO NUMERO 2 (XUÑO 2008)

2 xuño 2008

bandeiras_1.gif

tranviario-numero-2-xullo-2008.pdf

DEVOLUCIÓN DOS 400 EUROS DE IRPF

6 maio 2008

A devolución dos 400 euros fara-se a través das nominas de xuño e das seguintes até o mes de Decembro.

Neste sentido compre dicer que a primeira parte do abono desta cantidade, fara-se coa nomina do mes de xuño por un importe maximo de 200 euros, pero isto non significa que todos cobremos 200 euros mais, por que a cantidade que nos devolvan estará en función da cantidade de retención de IRPF que figure na nomina de cada un, xa que, por exemplo, se alguén lle reteñen por este conceito 100 euros ao mes, non pode cobrar 200 euros, cobrará 100 euros.

O resto até completar os 400 euros fara-se nas nominas dos meses de xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro de xeito proporcional.

O TRANVIARIO NUMERO 1 (MAIO 2008)

logo_cig.gif

boletin-o-tranviario-numero-1-maio-2008.pdf

ANO 2009: ANO DE CONVENIO NA COMPAÑÍA DE TRANVIAS DE A CORUÑA

O vindeiro ano 2009 toca negociar o convenio colectivo en Tranvias, lembrades o que vos fixeron na anterior negociación? Asinaron un convenio colectivo que someteron a votación unha vez e saiu que non, logo foron unha segunda vez e, coa votación trucada, saiu que si, pois ben, agora que xa sabemos como actuan alguns personaxes, temos que tomar certas precaucións.

A CIG ten algunhas ideas para o vindeiro convenio:

1º Salario: o salario na compañía é tan baixo que os traballadores para levar algo digno para casa teñen que facer horas extraordinarias, estamos a falar dun salario base de menos de 1.000 euros ao mes, isto non se corresponde coa categoria da Cidade, é dicer, sodes tranviarios nunha cidade que está entre as 15 mais grandes de todo o Estado Español.

A proposta da CIG é que para o ano 2009 o salario base non baixe de 1.200 euros, alguén dira que é unha proposta desmesurada, pois non, mirade o que son desmesurados son os beneficios que se leva Tranvias a costa do esforzo dos traballadores. As empresas teñen que gañar para que os traballadores gañen, pero cando as empresas “se forran” a costa do esforzo dos traballadores, iso xa non é tolerabel.

2º IT: os traballadores de Tranvias tedes un traballo que ten como caracteristicas: dureza e monotonia, dous ingredientes basicos para acabar collendo baixas por enfermidade con bastantes frecuencia, entendemos que un traballador que ten un traballo tan duro debe de ter a cobertura do 100% do seu salario se ten que coller unha baixa, polo tanto a proposta da CIG é que en caso de IT o traballador terá que cobrar como se estivera traballando, é dicer, 100% das percepcións salariais en todos os casos, é dicer, tanto se é por Enfermidade Comun como por Accidente de Traballo.

3º Permisos retribuidos: no voso convenio tedes 7 dias non remunerados de permiso e coa obriga de colle-los todos xuntos, o que na practica veñen ser 6 como moito, a proposta da CIG nesta cuestión é que eses 7 dias sexan remunerados e que se podan coller de xeito individualizado, 4 sen necesidade de xustificación e 3, previa xustificación.

Os “profetas da derrota” vos diran que o que di a CIG é unha barbaridade, que estamos tolos, que é inconseguible, pero mirade, existen moitos convenio colectivos que teñen cuestións parecidas e outros que teñen cuestións moi superiores, non é inalcanzable, é perfeitamente posible, por que se no convenio dos vixilantes da ORA teñen 7 dias de asuntos proprios e o 100% en caso de IT, sendo unha empresa que ten moitos menos beneficios, non o poden ter os de Tranvias.

convenio colectivo de tranvias de A Coruña 2006-2008

16 abril 2008

convenio-colectivo-tranvias-coruna.PDF

15 abril 2008

ACUDE Á MANIFESTACIÓN DO 1º DE MAIO

ÁS 12,00 HORAS NA PRAZA DE VIGO

non hai folga na pranta de nostian

14 abril 2008

unha nova victoria do movimento sindical, neste caso encabezado pola CIG, que conta coa maioria no comité de empresa de nostian (reciclaxe de lixo), donde en tres anos consiguen unha subida salarial que supón a equiparación salarial coa outra pranta de reciclaxe (SOGAMA), cuestión que por outra parte era o que perseguia toda a plantilla.

Iso foi posible gracias á mobilización da platilla e tamén a unha amenaza de folga indefinida, que non se chegou a materializar, por chegar a un acordo satisfactorio e refrendado pola asemblea de traballadores.

composición do comité de empresa

o actual comité de empresa da Compañia de Tranvias está composto por 13 membros, os primeiros 9 sairon dunhas eleccións sindicais celebradas en xaneiro do 2008, tendo os seguintes resultados:

- UGT: 6
- CIG: 2

- CCOO: 1

os 4 restantes sairon dunhas eleccións parciais, que se celebraron en novembro do 2008, dando como resultados os seguintes:

- UGT: 2

- CIG: 1

- CCOO: 1

Polo tanto os resultados totais dan un comité de empresa coa seguinte composición:

- UGT: 8

- CIG: 3

- CCOO: 2